Circuíto permanente de ciclocrós en Santiago de Compostela
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19785Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Circuíto permanente de ciclocrós en Santiago de CompostelaTítulo(s) alternativo(s)
Circuito permanente de cyclo-cross en Santiago de CompostelaPermanent cyclo-cross circuit in Santiago de Compostela
Autor(es)
Data
2017Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescrición
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2016/2017Resumo
[Resumo:] O ciclismo é un dos deportes máis populares e practicados do mundo e a nivel galego tamén goza de boa popularidade, sendo a 5ª comunidade autónoma en número de ciclistas. A pesar dos números sen dúbida positivos as infraestruturas son inexistentes. Noutras zonas con climas húmidos semellantes ao galego como poden ser Reino Unido, Francia e, especialmente, Bélxica e os Países Baixos, destacan a celebración de “clásicas” e carreiras de ciclocrós no inverno, onde acadan unha popularidade equiparable á do fútbol, sendo ademais dun deporte saudable un polo xerador de emprego. Durante os últimos anos foron numerosos os investimentos para traer etapas da Vuelta a España a distintos puntos da xeografía galega, mais estes investimentos tiveron meramente unha compoñente turística e non se involucraron en crear base ciclista. Para dar un impulso ao ciclismo nunha modalidade pouco coñecida mais con gran potencial no noso país créase esta proposta de circuíto permanente de ciclocrós, sendo a primeira infraestrutura do mundo proxectada para tal fin. A proposta de crear un circuíto permanente ten dúas finalidades, por unha banda dotar esta modalidade deportiva dun lugar onde practicar o deporte en condicións de seguridade e por outra banda prepararse para acoller competicións do máis alto nivel que promocionen tanto o deporte no noso país como o noso país ante todas as seguidoras deste deporte no mundo. Para o emprazamento do proxecto elixiuse Santiago de Compostela polo seu carácter xeográfico máis central e mellor comunicado co resto de cidades, tendo ademais nas proximidades capacidade de aloxamento máis que suficiente para acoller as competicións. En canto á parcela, localízase nunha zona actualmente sen uso propiedade da Administración Pública, estando nas aforas da cidade pero ben comunicada, cunha orografía suave pero continuamente variable que contribúen a deseñar un percorrido variado, o cal ademais non está condicionado por cursos de auga.
Palabras chave
Instalacións deportivas
Instalaciones deportivas
Pistas para ciclistas
Edificación
Instalaciones deportivas
Pistas para ciclistas
Edificación
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido