Relación entre envellecemento activo e terapia ocupacional: estudo en centros de día e residencias da cidade da Coruña
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/16778Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Relación entre envellecemento activo e terapia ocupacional: estudo en centros de día e residencias da cidade da CoruñaAutor(es)
Director(es)
Nieto Riveiro, LauraData
2015-07Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da SaúdeDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FCS). Terapia ocupacional. Curso 2014/2015.Resumo
[Resumo] O Envellecemento Activo constitúe un obxectivo de saúde de primeira orde que abarca ás persoas de todas as idades. Fundaméntase na optimización das oportunidades que teñen as persoas a medida que envellecen. Especificamente, o termo “activo” céntrase na participación das persoas maiores nos asuntos sociais, económicos, culturais, espirituais e cívicos, e non unicamente na capacidade de estar activos física e mentalmente.
Os temas relacionados co envellecemento, e neste caso co Envellecemento Activo, cobran unha especial relevancia na Comunidade Autónoma de Galicia, a cal está caracterizada por contar cunha proporción elevada de persoas maiores como consecuencia da redución das taxas de fecundidade e o aumento da esperanza de vida.
A Terapia Ocupacional, cos seus coñecementos e ferramentas, pode ter un papel fundamental para previr o deterioro funcional das persoas de todas as idades en xeneral, e das persoas maiores en particular, mediante programas que promovan o envellecemento activo.
Obxectivo: Estudar a relación entre a Terapia Ocupacional e a promoción do Envellecemento Activo, a partir das percepcións dos terapeutas ocupacionais que traballan en recursos de atención a persoas maiores da cidade da Coruña.
Metodoloxía: O presente estudo enmárcase na investigación cualitativa, dentro do paradigma fenomenolóxico, empregando como técnicas de recollida de datos a entrevista semiestructurada e o caderno de campo.
Palabras chave
Terapia ocupacional
Envellecemento activo
Persoas maiores
Calidade de vida
Envellecemento saudable
Programas interxeracionais
Envellecemento activo
Persoas maiores
Calidade de vida
Envellecemento saudable
Programas interxeracionais
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido