Lo humano en la obra de Manuel Rivas: un puente entre lo gallego y lo universal

Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/13264Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Lo humano en la obra de Manuel Rivas: un puente entre lo gallego y lo universalAutor(es)
Data
2012Cita bibliográfica
Novas achegas ao estudo da cultura galega II. Enfoques socio-históricos e lingüístico-literarios; 2012: 203-213. ISBN: 978-84-9749-517-2
Resumo
[Resumo] Manuel Rivas nunca deixa de recalcar a dimensión universal da súa obra coma se quixese apropiarse da soada fórmula das Irmandades da Fala ‘Galicia, célula de universalidade’. De maneira que Galicia se converte, baixo a súa pluma, en ‘aldea global’ e en arquetipo do mundo. Rivas apóiase nesa realidade que o rodea para levar a cabo en particular, en modelo reducido, unha exploración das incidencias da globalización mundial; pero tamén a excede, co fin de transmutala e darlle así trascendencia universal. Do local e do particular, Rivas consegue entresacar moitas verdades xerais ou conclusións con valor universal acerca do mundo. De aí virá o éxito da obra do autor non só en Galicia e en España, senón tamén fóra das fronteiras ibéricas. A natureza da creación rivasiana é, pois, á vez galega e universal; o humano aparece, entón, constituíndo o lazo ou a ponte tendida entre eses dous mundos. Como un novo ‘Home de Vitruvio’, que lle dá a medida ao mundo que del saca, nunha relación reflexiva, o ‘home rivasiano’ é o centro de gravidade do seu cosmos literario, enmarcándose á vez no cadrado e no círculo. A psicoloxía e a metafísica do ser que establece paulatinamente o autor baséanse, desde logo, na realidade galega; pero as constatacións ás que chega oriéntanse cara ao universal. O autor anda en busca da natureza humana, da súa quintaesencia e da súa existencia. Ás veces, os contextos históricos ou xeográficos non son senón meros pretextos para observar e estudar a complexidade da psique humana a partir dos seus compoñentes, á vez conscientes e inconscientes. A natureza humana, calquera que sexa o espazo ou o tempo, permanece, pois, universal. [Abstract] Manuel Rivas consistently emphasizes the universal dimension of his works. It is as if he wanted to appropriate the famous formulation from Irmandades da Fala, ‘Galicia, célula de universalidade’. As a result, his writings transform Galicia into a ‘global village’, an archetype of the world. Rivas relies on the reality which surrounds him to conduct in particular, on a small scale, an exploration of incidences of globalization. But he goes beyond this exploration, with an eye towards changing it and giving it a universal, transcendent meaning. Based on observations of local life and of the individual, Rivas manages to reveal many universal truths or broadly applicable conclusions about the world. The success of the author’s work, not just in Galicia and in Spain but outside the Iberian Peninsula, derives no doubt in part from this fact. Rivas’s work is thus both Galician and universal: the human element constitutes the bridge between these two worlds. Like a new ‘Vitruvian Man’, who in da Vinci’s vision both gives his form to and takes his form from the world in a reciprocal manner, the ‘Rivasian man’ is the centre of gravity of the literary cosmos, located both inside the frame and inside the circle. The psychology and the metaphysical reality of the being created by the author are therefore based on the Galician reality but the conclusions he draws are universal in nature. The author is investigating human nature, its existence and its essence. Sometimes the historical or geographical context is merely a pretext which permits one to observe and study the complexity of its components, both conscious and unconscious. Human nature, regardless of the location in space or time, remains universal.
Palabras chave
Manuel Rivas
Galicia
Universalidade
Humano
Inconsciente
Universality
Human
Inconscious
Galicia
Universalidade
Humano
Inconsciente
Universality
Human
Inconscious
ISBN
978-84-9749-517-2