Buscar
Mostrando ítems 1-10 de 14
Os himnos nacionais (entre a Galiza e o Brasil). Sobre a fortuna textual do Himno Galego
(De Letras/EdUERJ, 2009)
[Resumo]Após unha proximación histórica ao nacemento dos himnos galego e brasileiro, que comparten algúns trazos comúns no relativo á súa orixe e condición, analízase o proceso de entropía textual sufrido polo himno galego ...
De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego
(Laiovento, 2007)
[Resumo]Estudo do proceso histórico que conduciu ao nacemento e consolidación do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal (1890) como himno galego oficializado modernamente (1982). A partir da transcrición de todos os manuscritos ...
Himno. Historia, texto e música
(Consello da Cultura Galega, 2007)
[Resumo] Estudo socio-histórico do proceso de nacemento, expansión e consolidación do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal, coa música de Pascual Veiga, como himno galego, en directa competencia con outras propostas hímnicas. ...
Eduardo Pondal: poesía e patria
(Universidade de San Petesburgo, 2009)
[Resumo]Aproximación bio-literaria á problemática figura e á poliédrica obra poética de Eduardo Pondal, posta polo bardo bergantiñán ao servizo da reconstrución da nación galega. Tanto a súa actividade vital como a súa ...
Edición e historia da lingua: Sobre a representación da nasalidade no trobadorismo profano galego-portugués e as formas “irmana” e afins
(Baía Edicións, 2008)
[Resumo] A partir do estudo sistemático da representación da nasalidade nos textos do trobadorismo profano galego portugués, compróbase a existencia certa de anomalías gráficas, que se revelan fonolóxicas nas formas con ...
¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, [de] Cándido A. González
(Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2004)
[Resumo]Edición crítica da obra teatral Mal ollo! (1954), de Cándido A. González, con estudo literario e lingüístico, fixación do texto e notas, xunto con diversos apéndices con partituras musicais e notas biográficas.
Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa
(Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións, 2007)
[Resumo]Exposición pormenorizada das Normas de Edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa, a partir dos debates e decisións acordadas no Coloquio da Illa de San Simón (2006) polos máis importantes especialistas ...
De Anacreonte a Pondal: un novo poema
(Universitat de Barcelona, 2000)
[Resumo]Edición crítica do poema pondaliano manuscrito (con dúas redaccións) construído como unha imitación de Anacreonte, na esteira do fascinio que Eduardo Pondal sentía pola literatura clásica helénica.
Para a historia d’Os Eoas. Un poema épico fundacional no labirinto das indecisións
(Comunicação Editora, 2003)
[Resumo]Estudo pormenorizado da concepción, desenvolvemento e finalización do poema épico "Os Eoas", en que Eduardo Pondal traballou ao longo de 60 anos e que ficou inédito á morte do Bardo. A partir dunha ampla e, por ...
O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907)
(Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, 2007)
[Resumo]Reprodución facsimilar da documentación histórica conservada en relación co nacemento e consolidación do himno galego: fotografías dos persoeiros fundamentais (Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Xosé Fontenla), ...