Estudio e avaliación do programa de educación vial asistido por ordenador: educación vial 1, 2, 3: valoración dos futuros mestres da E.U. de formación do profesorado de Ourense
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/6796Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Estudio e avaliación do programa de educación vial asistido por ordenador: educación vial 1, 2, 3: valoración dos futuros mestres da E.U. de formación do profesorado de OurenseData
2000Cita bibliográfica
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 2000, 6: 186-192 ISSN: 1138-1663
Resumo
[Resumo] A Educación Vial constitúe un dos contidos transversais do curriculum da Educación Primaria que máis inquedanzas ven despertando durante os últimos tempos entre os diferentes axentes educativos en xeral, e o profesorado en particular. Con este presuposto de partida, e como formadoras de futuros mestres na asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación na Escola
Universitaria de Formación do Profesorado de Ourense, consideramos relevante que os nosos
alumnos se familiaricen con algún exemplo de software informático existente no mercado español
que abrangue esta temática. Deste xeito, o presente traballo pretende amosa-los resultados da valoración realizada por 147 alumnos de terceiro curso que realizaron Prácticas da asignatura cun dos programas de Educación Vial en formato dixital máis empregados en institucións educativas do noso país (Programa de Educación Vial asistido por ordenador: Educación Vial], 2, 3, elaborado poIa Dirección Xeral de Tráfico en coordinación coa Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid). Segundo a súa propia valoración, o 91,83 % destes futuros mestres, e debido fundamentalmente ó interese, carácter entretido e motivador do programa, o, empregarían en toda a Educación Primaria, aínda que preferentemente no segundo ciclo e na área de Coñecemento do Medio. Dito programa foi avaliado positivamente na práctica realizada en tódolos requisitos propostos e non se lle atopou ningún erro conceptual.
Palabras chave
Educación vial
Ensino asistido por ordenador
Novas tecnoloxías aplicadas á educación
Formación inicial do profesorado
Ensino asistido por ordenador
Novas tecnoloxías aplicadas á educación
Formación inicial do profesorado
ISSN
1138-1663