Contribución al conocimiento de los depósitos caoliníferos de Pontevedra

View/ Open
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/5826Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Contribución al conocimiento de los depósitos caoliníferos de PontevedraDate
1983Citation
Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 1983, 4: 1-203 ISBN: 84-7492-168-6
Abstract
[Resumo] Encétase o traballo cunha escolma dos depósitos caoliníferos que poidan ter interés dende o punto de vista económico ou polas características peculiares da súa xénesis. Destes depósitos elixidos fíxose, en base a unha labor de campo, o seu estudo xeolóxico e a recolleita de mostras que foron identificadas mineralóxicamente coas técnicas instrumentais usuais, describindo seguidamente os resultados. Os materiais que ofreceron un maior interés, estudáronse con vistas a súa aplicación na industria dos refractarios, feito que ven xustificado por existir naquela comarca algunhas fábricas en actividade, unha delas xa centenaria. No derradeiro capítulo, fáise unha valoración dos resultados obtidos e conclúese que os depósitos caoliníferos da provincia de Pontevedra, veñen da meteorización de rochas graníticas ou metamórficas de carácter ácedo, ou son sedimentarios o que vai influír nas súas propiedades técnicas. Dende o punto de vista mineralóxico, tanto uns como outros, compóñense de caolinita, halloisita, seixo, micas e feldespato potásico, presentando pequenas diferencias na súa cristalinidade e no contido de minerais minoritarios. Polo que respecta ao aspecto técnico, encontráronse depósitos aproveitables, uns para a produción de caolín lavado e outros como arxilas refractarias tipo "fire-clay", ou plásticas, tipo "ball-clay", axeitadas para a fabricación de materiais refractarios aluminosos, chamotas e gres, aínda que é necesario profundar máis o aspecto técnico, o que ata hoxe non se fixo.
ISBN
84-7492-168-6