Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliño

No accesible hasta 2025-07-09
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/41210Colecciones
- Teses de doutoramento [2232]
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliñoAutor(es)
Directores
López-Villar, CristinaSánchez-Bello, Ana
Fecha
2024Resumen
[Resumo]: A presente tese de doutoramento estuda as prácticas lúdicas realizadas por mulleresda comarca do Ribeiro (Ourense), aínda que a investigación se focaliza, concretamente,en dous xogos tradicionais: a bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda de Avia) e obugalliño de Francelos (Ribadavia).Este estudo centrouse en descifrar cada un dos elementos sociais, culturais e motricesque caracterizan aos xogos obxecto de estudo e contribuíu á conservación e difusión tanto do patrimonio lúdico galego como a aumentar o coñecemento sobre as prácticas lúdicas nas que participaban as mulleres adultas. A metodoloxía empregada foi a cualitativa, seguindo un enfoque etnomotriz feminista.Analizáronse cada un dos elementos que configuran a lóxica interna (regras e propiedades internas) e lóxica externa (elementos socioculturais) das prácticas lúdicas do Ribeiro enxeral e dos xogos obxecto de estudo, en particular. Obtívose información sobre onceprácticas lúdicas na etapa adulta de homes e mulleres e máis de trinta na etapa infantil. Realizáronse un total de vinte e sete entrevistas, tres grupos de discusión, observaciónparticipante e observación de oito gravacións de diferentes partidas da bugalliña, ademais de utilizar un diario de campo. A análise de contidos dos datos realizouse a través do sóftware MAXQDA.Como conclusións, destaca que todas as prácticas analizadas son de carácter sociomotriz, existe unha importante segregación por sexo e constátase que as prácticas lúdicas reproducen roles de xénero. O xogo da bugalliña, en concreto, amósase como un ritual que reforza a identidade do grupo que o desenvolve, o que leva ás xogadoras a elaboraren diferentes estratexias de resistencia para manter a súa práctica. Tanto o bugalliño como a bugalliña reflicten un modo de vida dun tipo de sociedade que está adesaparecer, o que fixo que xa se perdese o bugalliño ante novas propostas de ocio, emantense o perigo de que desapareza a bugalliña, ante a elevada idade das xogadoras, o despoboamento do lugar e a falta de promoción do xogo por parte das administracións. Nesta tese tamén se constata o esquecemento das prácticas lúdicas das mulleres porparte da comunidade investigadora e, polo tanto, a necesidade de lles prestar a debida atención. [Resumen]: La presente tesis doctoral estudia las prácticas lúdicas realizadas por las mujeres dela comarca de O Ribeiro (Ourense), aunque esta investigación se focaliza, concretamente, en dos juegos tradicionales: a bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda de Avia) yo bugalliño de Francelos (Ribadavia).Este estudio se centró en descifrar cada uno de los elementos sociales, culturales y motrices que caracterizan a los juegos objeto de estudio y contribuyó a la conservación y difusión tanto del patrimonio lúdico gallego como a aumentar el conocimiento sobre las prácticas lúdicas en las que participaban las mujeres adultas. La metodología utilizada fue la cualitativa, siguiendo un enfoque etnomotriz feminista. Se analizaron cada uno de los elementos que configuran la lógica interna (reglas y propiedades internas) y lógica externa (elementos socioculturales) de las prácticas lúdicas de O Ribeiro en general y de los juegos objeto de estudio, en particular. Se obtuvo información sobre once prácticas lúdicas en la etapa adulta de hombres y mujeres y más de treinta en la etapa infantil. Se realizaron un total de veinte y siete entrevistas, tres grupos de discusión, observación participante y observación de ocho grabaciones de diferentes partidas de a bugalliña, además de utilizar un diario de campo. El análisis de contenido delos datos se realizó a través del software MAXQDA.Como conclusiones, destaca que todas las prácticas analizadas son de carácter sociomotriz, existe una importante segregación por sexo y se constata que las prácticas lúdicas reproducen roles de género. El juego de a bugalliña, en concreto, se muestra como un ritual que refuerza la identidad del grupo que lo desarrolla, lo que lleva a las jugadoras a elaborar diferentes estrategias de resistencia para mantener su práctica. Tanto o bugalliño como a bugalliña reflejan un modo de vida de un tipo de sociedad que está a desaparecer, lo que hizo que ya se perdiese o bugalliño ante nuevas propuestas de ocio, y mantiene en peligro de desaparición a bugalliña, ante la elevada edad de las jugadoras, la despoblación del lugar y la falta de promoción del juego por parte de las administraciones. En esta tesis también se constata el olvido de las prácticas lúdicas de las mujeres por parte de la comunidad investigadora y, por lo tanto, la necesidad de prestarles su debida atención. [Abstract]: The present doctoral thesis studies the playful experience of women from O Ribeiro region (Ourense). However, this research concentrates specifically on traditional games:a bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda de Avia) and o bugalliño de Francelos(Ribadavia).This study was focused on decoding each of the social, cultural and motor elementsthat characterise the games under study, and contributed to the preservation anddissemination of the Galician ludic heritage as well as to the raise of awareness about ludicpractices in which adult women participate.The methodology used was qualitative, following an ethno-motor feminist perspective.Each of the elements that make up the internal logic (rules and internal properties) andexternal logic (socio-cultural elements) of O Ribeiro’s general leisure practices and theparticular games under study were analysed. Information was obtained about eleven playfulpractices in the adult stage of men and women and more than thirty in the children’s stage.A total of twenty-seven interviews, three discussion groups, participant observation andobservation of eight recordings of different games of a bugalliña were carried out. Besides,a field diary was used. The content analysis of the data was carried out using MAXQDA software.As a conclusion, it was noted that all the analysed practices are of a socio-motornature. In addition, there is significant gender segregation, and it was found that playfulpractices reproduce gender roles. The game of bugalliña, in particular, is shown as a ritualthat reinforces the identity of the group that develops it, which leads the players to developdifferent resistance strategies to maintain their practice. Both bugalliño and bugalliñareflect a way of life of a type of society that is about to disappear, which has led to theloss of bugalliño in the face of new leisure proposals. Besides, bugalliña is in danger ofdisappearing, given the high age of the players, the depopulation of the place and the lackof promotion of the game by the administrations. This thesis also reflects that women’srecreational practices have been forgotten by the research community and, therefore, thereis a need to pay due attention to them.
Palabras clave
Rivadavia
O Ribeiro (Ourense)
Patrimonio lúdico gallego
Xogadoras
Ocio
Segregación por sexo
Prácticas lúdicas
Roles de xénero
Xogos
O Ribeiro (Ourense)
Patrimonio lúdico gallego
Xogadoras
Ocio
Segregación por sexo
Prácticas lúdicas
Roles de xénero
Xogos
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido