Acondicionamento do acceso ao Miradoiro da Cruz de Xiabre
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/39405
Excepto si se señala otra cosa, la licencia del ítem se describe como Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Acondicionamento do acceso ao Miradoiro da Cruz de XiabreTítulo(s) alternativo(s)
Conditioning of the access to the Miradoiro da Cruz de XiabreAutor(es)
Fecha
2024Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescripción
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2023/2024Resumen
[Resumo:] En setembro do ano 2022 inaugúrase nun dos cumios do Monte Xiabre un novo miradoiro con vistas á Ría de Arousa. O miradoiro permite unha vista de 360º que abrangue desde as Illas Cíes, 50 km ao sur, así como o resto do conxunto das Parque Natural das Illas Atlánticas, e Padrón no extremo norte, pasando por diferentes puntos senlleiros da bisbarra como o meandro e desembocadura do río Ulla ou as Torres de Oeste en Catoira. Este conxunto de características excepcionais espertou, desde xa antes da inauguración, unha grande expectación entre os habitantes de Vilagarcía de Arousa e a contorna. Porén, desde o momento en que os primeiros visitantes comezaron a afluír cara este lugar xurdiron críticas e malestar, non porque decepcionaran o deseño ou as vistas do novo miradoiro, senón debido á dificultade de acceso ao mesmo. Visitantes incapaces de subir, en vehículo ou a pé, imposibilidade de estacionar, e mesmo lesións de diversa gravidade por tentar accesder ao Miradoiro. O obxectivo do proxecto é dotar ao miradoiro dun acceso en condicións. Actualmente existen varias pistas forestais que ascenden ata o miradoiro desde unha estrada, esta si debidamente asfaltada. Estas pistas, nalgún momento, estiveron en condicións de permitir o paso dos vehículos, porén, debido ao paso do tempo, o desgaste e os estragos da erosión ocasionada fundamentalmente polas precipitacións e unhas pendentes moi pronunciadas, convertéronas en inaccesibles. Acondicionarase o trazado e o firme dunha destas pistas, construirase un aparcadoiro e auxiliarase o tramo final do ascenso cunha escaleira de madeira; todo isto poñendo o foco na integración co medio e cunha atención especial ás obras de drenaxe.
Palabras clave
Rexeneración do medio
Regeneración del medio
Pistas forestais
Pistas forestales
Miradoiros
Miradores
Regeneración del medio
Pistas forestais
Pistas forestales
Miradoiros
Miradores
Derechos
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo do traballo como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.