Afrontamento da perda dun embarazo ou bebé: dende unha perspectiva de xénero
![Thumbnail](/dspace/bitstream/handle/2183/37620/Fernandez_Basanta_Sara_2019_Afrontamento_perda_embarazo.pdf.jpg?sequence=5&isAllowed=y)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/37620
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Afrontamento da perda dun embarazo ou bebé: dende unha perspectiva de xéneroData
2019Cita bibliográfica
Fernández Basanta, S., Coronado Carvajal, C., Movilla Fernández, M. J. (2019) Afrontamento da perda dun embarazo ou bebé: dende unha perspectiva de xénero.En: López Díaz, A. J., Aguayo Lorenzo, E., Gómez Suárez, Á. (eds) (Re)construíndo o coñecemento. Universidade da Coruña (pág. 41-48)
Resumo
[Resumo] O loito perinatal é a experiencia dos pais, que comeza inmediatamente despois da p e r d a dun fillo, por aborto espontáneo, morte fetal, perda neonatal ou a interrupción voluntaria por anomalías fetais. É importante que o s profesionais d a saúde coñezan e teñan e n conta a s diferenzas de xénero na construción das perdas dun embarazo ou dun bebé. Esta meta-etnografía t e n como obxectivo sintetizar o corpo de traballo cualitativo dispoñible sobre como as mulleres e o s homes afrontan á perda dun embarazo ou dun bebé, dende unha perspectiva de xénero. Os resultados cualitativos extraídos de catorce estudos incluídos analizáronse empregando un enfoque metaetnográfico. Os resultados mostran que as expectativas sociais sobre mulleres e homes condicionan o emprego d e estratexias diferenciadas d e afrontamento trala perda dun embarazo ou bebé. Estas diferenzas intensifícanse en contextos culturais nos que estas perdas relaciónanse cun fracaso da feminidade. Isto implica que as mulleres experimenten illamento social e escaso soporte sanitario e sociofamiliar. O contexto sociocultural que rodea a mulleres e homes nestas perdas inflúe nas experiencias de afrontamento, polo que debe ser tido en conta no manexo e coidado destas situacións polos profesionais da saúde.
Palabras chave
Afrontamento
Xénero e saúde
Perda do embarazo
Morte neonatal
Meta-etnografía
Afrontamiento
Género y salud
Pérdida del embarazo
Muerte perinatal
Xénero e saúde
Perda do embarazo
Morte neonatal
Meta-etnografía
Afrontamiento
Género y salud
Pérdida del embarazo
Muerte perinatal
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España