Investimentos británicos no ferrocarril galego, 1861-1927
Title
Investimentos británicos no ferrocarril galego, 1861-1927Author(s)
Date
2021Citation
Martínez-López, A. (2021). Investimentos británicos no ferrocarril galego, 1861-1927. En Aurora Artiaga Rego, Xesús L. Balboa López, Lourenzo Fernández Prieto, Eduardo Rico Boquete (Eds.), Á volta do tempo. Estudos de historia contemporánea (pp. 223-258). Xerais.
Abstract
[Resumo] O ferrocarril desempeñou un papel clave na mobilización dos recursos produtivos e nas transformacións socioeconómicas das sociedades contemporáneas. Os países periféricos dependeron, en boa medida, de capitais e tecnoloxía estranxeiros para a construción e xestión das súas redes. España e Galicia non foron alleas a esa dinámica. No caso español, a rede básica de vía ancha foi obra dos franceses, seguidos a moita distancia de británicos e belgas. En Galicia sucedeu algo similar. Dáse a circunstancia de que a primeira liña inaugurada, Santiago-O Carril (1873), prolongada en 1899 até Pontevedra, estivo durante a meirande parte da súa vida autónoma en mans británicas, constituíndo o único caso de investimento ferroviario británico en Galicia. O obxectivo, pois, deste traballo é analizar en detalle esta empresa (The West Galicia Railway Company): a composición do seu accionariado e núcleo dirixente, a evolución das súas variábeis de explotación, principais etapas polas que atravesou e inserila no contexto do investimento exterior británico no sector ferroviario, en especial en España. Para iso recorreremos basicamente á monografía de Cavana (2008) para o período prebritánico e a fontes primarias empresariais depositadas en arquivos británicos.
Editor version
ISBN
978-84-9121-983-5