Enfermidade física crónica e cohesión e adaptabilidade familiares
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/35882Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Enfermidade física crónica e cohesión e adaptabilidade familiaresTítulo(s) alternativo(s)
Physical chronic illness and family cohesion and adaptabilityAutor(es)
Data
2007-10-18Cita bibliográfica
López Larrosa, S. (2007). Doença física crónica e coesáo e adaptabilidade familiar. Comunicación presentada en el II Congreso Familia, Saúde e Doença, Braga (Portugal), 18-19 octubre 2007.
Resumo
[Resumo] A enfermidade física crónica desafía ás familias. Éstas deben adaptarse a unha realidade, a da enfermidade, pero, ó mesmo tempo, deben satisfacer as demandas evolutivas dos seus membros. Usamos o FACES II de Olson para analizar a adaptabilidade das familias e o seu axuste ás demandas evolutivas. A adaptabilidade das familias é a habilidade do sistema para cambiar e facer frente ó estrés evolutivo e situacional. A cohesion é o vínculo que os membros da familia sinten e o grao de autonomía que experimentan.
Evaluamos 51 suxeitos, doentes e os seus familiares, usando o FACES II. Dez doentes tiñan diabetes e 9 tiñan problemas renáis. 23 suxeitos eran parerntes dos doentes con diabetes e 9 eran familiares dos doentes con problemas renáis. Os estadios evolutivos das familias eran diferentes: os doentes con diabetes eran adolescentes vivindo cos seus pais, mentres os doentes con problemas renáis tiñan arredor de 47 anos e vivían coas suas parellas.
Non houbo diferenzas nas familias na súa percepción da cohesión e a adaptabilidade familiar pero sí as houbo entre as familias (F(1,35)=7.59, p<.01). A cohesión familiar foi significativamente menor nas familias con adolescentes diabéticos. As familias con adolescentes atópanse nin estadio máis centrífugo e podemos inferir que tratan de satisfacer as demandas evolutivas dos seus membros ó tempo que loitan contra a enfermidade. O feito de que non houbera correlacións (p>.10) entre a cohesion familiar e os anos padecendo a doença, a saude dos membros da familia ou o grao no que a familia estaba afectada pola enfermidade, e que non houbera diferenzas entre as familias na súa satisfacción coa súa vida en xeral e a súa vida familiar (p>.10) apoia isto. Por outra banda, non houbo diferenzas na adaptabilidade familiar (p>.10) pois as familias deben mantela alta para facer frente á doença.