Unha vaca entre as baleas: O xénero na construción da identidade en Lupe Gómez
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34383Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Unha vaca entre as baleas: O xénero na construción da identidade en Lupe GómezAutor(es)
Director(es)
López, Teresa (1964-)Data
2022Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022Resumo
[Resumo] Este traballo ten como obxectivo o estudo da creación identitaria desde o xénero na
obra de Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972), en concreto en Fisteus era un mundo
(2001) e Camuflaxe (2017). Esta autora encádrase na eclosión de autoras que tivo
lugar na década de 1980 e, sobre todo, de 1990, dentro da poesía galega.
A metodoloxía utilizada foi, primeiramente, o levantamento bibliográfico e, nun
segundo momento, a lectura reflexiva das obras para analizarmos as diferentes
figuras e momentos decisivos para a elaboración da identidade feminina lupina.
Tendo en conta a produción poética doutras autoras coetáneas, e o seu concepto de
identidade de xénero, singularizamos no presente traballo a obra de Lupe Gómez pola
súa procura de referentes no seu entorno social.
As seccións principais do traballo analizan as figuras femininas, a transición da
infancia á idade adulta, as figuras masculinas e a tese feminista da autora. Na
primeira, abordamos a análise das figuras femininas presentes no entorno social da
autora, destacándomos por unha banda as pertencentes ao seu núcleo familiar e,
pola outra, as presentes no seu núcleo social. Estas mulleres funcionaron como
primeiro referente identitario, configurando un modelo de feminidade baseado no
traballo e nos coidados.
No segundo apartado tratamos a transición da infancia á idade adulta para destacar
o carácter crucial deste momento na creación da identidade feminina lupina polos
cambios físicos e psicolóxicos que implica. Ten especial relevancia neste apartado a
menstruación, pois é un símbolo omnipresente na produción literaria de Lupe Gómez.
Con esta análise vemos como esta transición está relacionada cos cambios no
entorno da autora, constituíndo a chegada ao colexio e a da menstruación as
mudanzas máis significativas.
No terceiro apartado realizamos a análise das figuras masculinas, diferenciando
aquelas que pertencen ao seu núcleo familiar e despois as presentes no núcleo social
da autora. Algúns destes homes (o pai, o amigo) presentan unha identidade de xénero
disidente que é utilizada pola autora na súa autopoiesis.
No cuarto apartado expoñemos como a autora mostra o machismo imperante na
sociedade galega e presenta a institución culpábel, as persoas que perpetúan a
opresión e as responsábeis do cambio social. Vemos que o feminismo para a curtense
é unha loita transversal que debe ser encamiñada polas mulleres (quen
necesariamente teñen de se enfrontar aos roles de xénero) mais apoiada polos
homes para vermos unha mudanza real a nivel social.
En conclusión, a identidade lupina baseada no xénero mostra unha idea de muller
que supón, á vez, unha reivindicación da muller do rural galego –personificada na
nai– e unha tentativa de superación deste modelo –o fornecido polas mulleres de
Fisteus– polas limitacións que o machismo lle coloca. Así, Lupe Gómez crea unha
muller conectada coa tradición, mais libre para explorar a súa identidade de xénero
sen limitacións
Palabras chave
Gómez, Lupe
Identidade de xénero
Feminismo
Machismo
Poesía galega
Identidade de xénero
Feminismo
Machismo
Poesía galega
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido