Skip navigation
  •  Home
  • UDC 
    • Getting started
    • RUC Policies
    • FAQ
    • FAQ on Copyright
    • More information at INFOguias UDC
  • Browse 
    • Communities
    • Browse by:
    • Issue Date
    • Author
    • Title
    • Subject
  • Help
    • español
    • Gallegan
    • English
  • Login
  •  English 
    • Español
    • Galego
    • English
  
View Item 
  •   DSpace Home
  • Facultade de Filoloxía
  • Traballos académicos (FFIL)
  • View Item
  •   DSpace Home
  • Facultade de Filoloxía
  • Traballos académicos (FFIL)
  • View Item
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.

Relacionamento cultural e imaxe da Galiza nas edicións galega, española e inglesa d’A Praia dos Afogados de Domingo Villar

Thumbnail
View/Open
Sar_Rey_Jesus_2023_Imaxe_Galiza_edicions.pdf (463.4Kb)
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/34262
Collections
  • Traballos académicos (FFIL) [279]
Metadata
Show full item record
Title
Relacionamento cultural e imaxe da Galiza nas edicións galega, española e inglesa d’A Praia dos Afogados de Domingo Villar
Author(s)
Sar Rey, Jesús
Directors
Samartim, Roberto
Date
2023
Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía
Description
Traballo fin de mestrado (UDC.FIL). Literatura, cultura e diversidade. Curso 2022/2023
Abstract
[Resumo] A Praia dos Afogados (Domingo Villar, 2009) é un romance negro policial que acadou un grande éxito de vendas no mercado literario galego, así como no español e noutros como o inglés. A partir dunha leitura desde a imagoloxía das versións galega, española e inglesa, este traballo ocúpase da análise contrastiva desas tres versións do romance de Domingo Villar, estuda como foron traducidas e como foron promovidas en cada un dos sistemas a que foi adaptado o texto; o traballo testa tamén a aplicación de conceitos como a ambivalencia sistémica, a mediación, a apropiación ou a exotización nun produto literario con un alto impacto nos mercados e na crítica. Para tal fin, foi realizado un levantamento exhaustivo de fragmentos desta novela en cada unha das tres versións escollidas para análise e, do mesmo xeito, foron comparadas as estratexias de mercado das editoras envolvidas (Galaxia, Siruela e Abacus, para as versión galega, española e inglesa, respectivamente), así como varias das recensións recebidas por A praia dos afogados. Da nosa análise de caso derívase que a dita ambivalencia sistémica, entendida como un conxunto de estratexias narrativas destinadas a localizar un produto en dous sistemas (para aumentar mercados, nível de consagración, etc.), promove estereotipos sobre a imaxe da Galiza para consumo no sistema cultural español (populacións mariñeiras identificadas como supersticiosas, herméticas, ambiguas, ...) e non parece contribuír a reforzar a autonomía do sistema galego fronte ao español. Polo contrario, estas estratexias parecen colocar o sistema galego na órbita de influencia do sistema español (con risco da súa subsistemización), onde circulan produtos que serán consumidos como exóticos e eventualmente exportados como propios. A crítica galega maioritaria, porén, saúda estas estratexias e estas relacións como positivas para o sistema cultural galego.
Keywords
Villar, Domingo
Romance negro policial
Mercado literario galego
Mercado literario español
Mercado literario inglés
Traducións
Editoriais
 
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido

Browse

All of DSpaceCommunities & CollectionsBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic DegreeThis CollectionBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic Degree

My Account

LoginRegister

Statistics

View Usage Statistics
Sherpa
OpenArchives
OAIster
Scholar Google
UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Servizo de Biblioteca.    DSpace Software Copyright © 2002-2013 Duraspace - Send Feedback