Unha aproximación ao proceso da transmisión interxeracional do galego desde a variábel xénero: prexuízos, ideoloxía e ruptura
![Thumbnail](/dspace/bitstream/handle/2183/34138/Freire_Seoane_Antia_2023_Transmision_interxeracional_galego.pdf.jpg?sequence=4&isAllowed=y)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34138Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Unha aproximación ao proceso da transmisión interxeracional do galego desde a variábel xénero: prexuízos, ideoloxía e rupturaAutor(es)
Director(es)
Peres Vigo, AlexandreData
2023Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023Resumo
[Resumo] O obxectivo principal deste traballo é analizar a situación sociolingüística da Galiza poñendo o foco de interese na variábel xénero para aproximarnos ás estratexias das políticas lingüísticas familiares das galegas e dos galegos e dar así explicación á ruptura do proceso de transmisión interxeracional do galego. A metodoloxía empregada foi a análise de tipo
cuantitativo, xa que se realizaron 323 inquéritos por parte da mocidade galega a través das
redes sociais dixitais.
O traballo está dividido en dúas seccións ben diferenciadas. A primeira, permítenos
achegarnos á historia do galego e do xénero feminino e denunciar a subordinación paralela
que desde hai séculos están sometidas. A segunda, proponse a análise dos resultados das
informantes e dos informantes que xiran arredor dos seus usos e actitudes lingüísticas, e que
nos permiten analizar aqueles prexuízos lingüísticos e os estereotipos de xénero, mais tamén reinantes entre a mocidade galega.
Unha vez realizada a análise, constátase que a variábel xénero é un factor relevante
na ruptura da transmisión interxeracional do galego e que o país precisa de políticas
lingüísticas e de igualdade á altura da nosa lingua e do noso pobo
Palabras chave
Transmisión interxeracional do galego
Variábel xénero
Prexuízos lingüísticos
Estereotipos de xénero
Ideoloxía
Ruptura
Mocidade galega
Variábel xénero
Prexuízos lingüísticos
Estereotipos de xénero
Ideoloxía
Ruptura
Mocidade galega
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido