Skip navigation
  •  Home
  • UDC 
    • Getting started
    • RUC Policies
    • FAQ
    • FAQ on Copyright
    • More information at INFOguias UDC
  • Browse 
    • Communities
    • Browse by:
    • Issue Date
    • Author
    • Title
    • Subject
  • Help
    • español
    • Gallegan
    • English
  • Login
  •  English 
    • Español
    • Galego
    • English
  
View Item 
  •   DSpace Home
  • Publicacións UDC
  • Libros UDC
  • Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico
  • View Item
  •   DSpace Home
  • Publicacións UDC
  • Libros UDC
  • Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico
  • View Item
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.

Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. IV edición

Thumbnail
View/Open
IV_Premios Isabel Zendal_2022.pdf (391.3Kb)
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/33468
Creative CommonsAtribución-Compartir Igual Internacional (CC BY-SA 4.0)
Except where otherwise noted, this item's license is described as Creative CommonsAtribución-Compartir Igual Internacional (CC BY-SA 4.0)
Collections
  • Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico [5]
Metadata
Show full item record
Title
Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. IV edición
Author(s)
Fagúndez Aguilar, Diego
Lage García, Noa
Ortiz Arias, Valeria
Tinaquero Vizoso, Leda
López Rodríguez, Julia
Suleimán Casalderrey, Andrea Valentina
Jiménez Pérez, Érica
Vilas Subirán, Santiago
Date
2023
Abstract
[Resumo] O pensamento crítico é unha competencia clave na educación da cidadanía para formar persoas libres, autónomas e críticas, que poidan tomar decisións na súa cotiandade sen caer na manipulación mediática e na difusión de noticias e crenzas falsas. Os Premios Isabel Zendal teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades. Esta é a carta de presentación destes premios, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña. O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio. A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, un conto ou un relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de loias que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBIQ+ ou inmigrantes, entre outros.. Neste volume, que agora presentamos, recóllense os traballos premiados nesta cuarta edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en xaneiro de 2022 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Quero agradecer a dedicación e o compromiso das persoas con quen tiven o pracer de compartir xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González e Carlos Cayetano Vizcaíno Fernández. Finalmente, cabe sinalar que nesta cuarta edición se recibiron 33 propostas e os premios viaxaron a diferentes lugares da xeografía galega, aínda que tamén se recibiron propostas de fóra de Galicia. O certame parece consolidarse entre os mozos e mozas fomentando o seu espírito crítico e axudando a formar mentes abertas con base científica.
Keywords
Pensamiento crítico
Educación secundaria
Bachillerato
Pensamento crítico
Bacharelato
 
Editor version
https://doi.org/10.17979/spudc.000021
Rights
Creative CommonsAtribución-Compartir Igual Internacional (CC BY-SA 4.0)
Editor
Universidade da Coruña. Unidade de Divulgación Científica e Cultural

Browse

All of DSpaceCommunities & CollectionsBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic DegreeThis CollectionBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic Degree

My Account

LoginRegister

Statistics

View Usage Statistics
Sherpa
OpenArchives
OAIster
Scholar Google
UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Servizo de Biblioteca.    DSpace Software Copyright © 2002-2013 Duraspace - Send Feedback