A evolución da escola rural galega (1945-2022): a historia escolar de Cesuras
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/32295Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A evolución da escola rural galega (1945-2022): a historia escolar de CesurasTítulo(s) alternativo(s)
La evolución de la escuela rural gallega ( 1945-2022): la historia escolar de CesurasThe Evolution of the Galician Rural School (1945-2022): the School History of Cesuras
Autor(es)
Director(es)
Gabriel Fernández, Narciso deData
2022Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña.Facultade de Ciencias da EducaciónDescrición
Traballo fin de grao (UDC.EDU). Educación primaria. Curso 2021/2022Resumo
[Resumo] A escola é un ámbito de gran relevancia para a sociedade debido á súa labor ao longo da historia. Ademais todos os cambios aos que foi sometida a institución son de natureza socio-cultural (Escolano, 1994) polo que o coñecemento e análise do seu pasado non é soamente unha ferramenta enormemente últil para os e as docentes senón tamén para o conxunto da sociedade, permitíndolles desenvolver un pensamento crítico sobre a realidade social e educativa (Mallo Gambetta, 2009).
O presente estudo busca coñecer cal foi a evolución da escola rural galega dende o ano 1945 ata a actualidade, centrando posteriormente a investigación no caso concreto do Concello de Cesuras.
Para acadar ditos obxectivos, preséntase en primeiro lugar unha evolución da escola rural galega, tendo en conta as investigación referentes neste eido así como a lexislación educativa presente en cada época.
Posteriormente, ofrécese unha reconstrucción da evolución escolar dun concello en concreto, o de Cesuras. Dita investigación está fundamentada principalmente en trinta e catro entrevistas realizadas a exalumnos das escolas unitarias e do grupo escolar.
Cómpre destacar que Galicia presenta un territorio cunha gran porcentaxe de ruralidade e dispersión, un feito que dificultou a creación dunha rede escolar galega. Ademais, despois da investigación realizada pode concluirse que “non existiu unha polı́tica educativa axustada ás necesidades territoriais e humanas do medio rural” (Caride, 2014,
p.166).
Palabras chave
Escola rural
Historia escolar
Cesuras
Galicia
Historia escolar
Cesuras
Galicia
Descrición
Veiga Presa, Laura. (2022). A evolución da escola rural galega (1945-2022): a historia escolar de Cesuras. [Traballo de Fin de Grao. Universidade da Coruña]
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido