Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorAmigo Ventureira, Ana María
dc.contributor.authorDePalma, Renée
dc.contributor.authorVarela Suárez, Almudena
dc.contributor.editorUniversidade da Coruña. Centro de Estudos de Xénero e Feministas
dc.date.accessioned2022-04-06T08:26:00Z
dc.date.available2022-04-06T08:26:00Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/30404
dc.description.abstract[Resumo] O proxecto Bibliodiversidade, as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo-sexual, nace do CEXeF, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. En gran parte inspirado polas iniciativas das bibliotecas municipais da cidade, a prol da oferta e divulgación de material que representa a diversidade afectiva-sexual, este proxecto ten o obxectivo principal de promover o uso destes recursos como ferramenta didáctica nas aulas. Levouse a cabo durante Setembro-Decembro de 2021. Seleccionamos 18 libros para revisar e suxerir posibilidades orientadas a súa incorporación en propostas didácticas. Estes libros corresponden ás etapas educativas dende segundo ciclo de Educación Infantil ata o terceiro ciclo de Educación Primaria. Organizamos 8 mesas de traballo para analizar estes libros e xerar ideas sobre o seu uso nas aulas. A cada unha destas mesas, coordinadas por Ana-María Amigo Ventureira e Almudena Varela Suárez, convidamos a participar unha persoa representante do profesorado, o activismo e as bibliotecas municipais, co obxectivo de intercambiar ideas enraizadas nestes tres ámbitos de experiencia. Gravamos estes debates e tomamos notas extensivas, para logo elaborar esta Guía de Boas Prácticas. Así podemos non só recomendar e describir unha serie de libros que abordan a diversidade afectivo sexual e a ruptura de estereotipos de xénero para idades varias, senón tamén ofrecer algunhas ideas para incorporar estes materiais na práctica educativa. Polo tanto, para cada libro, elaborouse unha breve descrición, puntos positivos e aspectos que se debería cuestionar ou quizais compensar con accións pedagóxicas, apuntamentos para traballar na aula, outros materiais para acompañar o libro e posibles actividades. Ao final de todo, incluímos algúns consellos a ter en conta na selección de materiais, e proporcionamos recursos adicionais variados para seguir informándose e para apoiar a docencia.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruña, Servizo de Publicaciónses_ES
dc.relation.urihttps://doi.org/10.17979/spudc.000001
dc.subjectMaterial didácticoes_ES
dc.subjectDiversidade afectivaes_ES
dc.subjectDiversidade sexuales_ES
dc.subjectEducación infantiles_ES
dc.subjectEducación primariaes_ES
dc.titleBibliodiversidade: guía de boas prácticases_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bookes_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.identifier.doi10.17979/spudc.000001


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem