A muller e o seu corpo: un estudo comparativo entre Rupi Kaur e Lupe Gómez: Dúas voces representativas das súas xeracións
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29772Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A muller e o seu corpo: un estudo comparativo entre Rupi Kaur e Lupe Gómez: Dúas voces representativas das súas xeraciónsAutor(es)
Director(es)
Alonso-Giráldez, J. MiguelData
2021Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Inglés: estudios lingüísticos y literarios. Curso 2020/2021Resumo
[Resumo] Este traballo focaliza na visión do corpo femenino a través de dúas autoras de contextos e xeracións moi dispares: Rupi Kaur, poeta indocanadiana, e Lupe Gómez, escritora galega. Escollemos en concreto as súas obras milk and honey (2014) e Os teus dedos na miña braga
con regra (1995), respectivamente, por seren, salvo erro, as que abranguen máis fielmente o tema que nos ocupa. Baseámonos principalmente nelas para determinarmos se se trata de autoras similares ou diferentes.
A análise das obras é formulada seguindo unha metodoloxía comparativa e desde unha perspectiva dupla: descritiva, que sintetiza determinados aspectos biográficos que terán relevancia na traxectoria profesional e literaria de ambas as dúas, e analítica, que terá en conta
cuestións arredor doutros repertorios fóra do principal, así como as características formais ou as estratexias de titulación dos poemarios antes nomeados.
Constatamos que un estudo comparativo destas autoras non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo tivemos a oportunidade de fixar cuestións tales como as diferenzas, en termos cuantitativos e cualitativos, entre as investigacións sobre unha e outra. No que ao repertorio da fisioloxía humana se refire, as dúas fan uso de de diferentes partes do corpo feminino, mais Rupi Kaur emprega unha estratexia máis complexa que liga a literatura coa terapia psicolóxica, e menos lineal do que Lupe Gómez, que asocia os elementos do corpo ás súas diferentes etapas vitais.
Debido ao marco reducido e periférico en que escribe Lupe Gómez, os seus textos contan con menos traducións. A indocanadiana é unha poeta de masas, que fai uso das redes sociais e forma parte de performances, mentres que a galega podería considerarse unha poeta de culto, reservada, maiormente, ao seu público interesado e comprometido coa lingua galega. En último lugar, esta primeira interpretación comparativa das escritoras e as súas obras fica aberta á posibilidade de posteriores estudos.
Palabras chave
Corpo feminino
Kaur, Rupi
Gómez, Lupe
Poesía galega
Poesía canadiense
Kaur, Rupi
Gómez, Lupe
Poesía galega
Poesía canadiense
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido