A educación ambiental para o sistema educativo

A educación ambiental sempre estivo máis ou menos ligada aos sitema educativos formais dos distintos países; ás veces, recoñecida nas leis educativas, ás veces como práctica crítica e comprometida por parte do profesorado. O ano 2020 ten sido o ano do Covid-19, unha pandemia global que mudou o cotián e golpeou de forma máis violenta as persoas e países con menos recursos; esta pandemia fixo que o alumnado tivera que recluirse nos seus fogares e perder deste xeito o contacto coas súas compañeiras e compañeiros, coa comunidade educativa, mais tamén co seu medio inmediato.
Do colapso á esperanza, das perspectivas simplistas á complexidade, do voluntarismo á regulación social e institucional, dos problemas ás solucións, das aulas ao medio inmediato... A educación ambiental volve ser unha estratexia de formación e acción educativa de cara a sociedades comprometidas, críticas, solidarias e xustas.
Para rematar, recollemos o manifesto presentado no día da Terra, o 22 de abril de 2020, unha chamada de atención planetaria no escenario marcado polo Covid-19.

Táboa de contidos

Envíos recientes

Más