Moraña, terra de canteiros. A reitoral de San Lourenzo e a súa rehabilitación para casa veciñal
View/ Open
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/28672Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Moraña, terra de canteiros. A reitoral de San Lourenzo e a súa rehabilitación para casa veciñalAuthor(s)
Directors
Paz-Agras, LuzDate
2021Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de ArquitecturaDescription
Traballo fin de mestrado (UDC.ETSA). Rehabilitación arquitectónica. Curso 2020/2021Abstract
[Resumo] Nun contexto onde predomina o traballo mecanizado, apenas hai cabida para o traballo artesán. Os
cambios sociais e económicos tiveron un forte impacto na maneira de traballar a pedra, substituíndo as
técnicas dos oficios tradicionais, como a cantería, por outras máis modernas, ocasionando practicamente a
súa desaparición. No marco galego, os concellos da provincia de Pontevedra son dos máis afectados.
Seguindo esta liña, estudarase o caso do concello de Moraña e porase en valor o oficio dos canteiros desta
zona, a través das obras que forman parte da memoria colectiva e constitúen a identidade que hoxe en día
ten Moraña.
Dentro dos exemplos de arquitectura granítica, o traballo afonda na historia da reitoral de San Lourenzo
de Moraña, edificación moi peculiar por atoparse a medio camiño entre a arquitectura popular e a culta.
O estudo abórdase dende diversas perspectivas onde destaca a reconstrución histórica e gráfica a través da
memoria oral, empregando como testemuña á propia veciñanza do lugar.
Por último, realízase unha proposta de rehabilitación que recolle todos os aspectos analizados e nace do
entendemento do lugar e da ruína, pero tamén dunhas necesidades actuais e reais. A intervención avoga
por unha actuación reversible e accesible á poboación, que revalorice esta peza do patrimonio morañés e á
vez sexa respetuosa coa obra.
Keywords
Moraña
Canteiros
Reitoral de San Lourenzo
Rehabilitación
Stonemasons
Rehabilitation
Canteiros
Reitoral de San Lourenzo
Rehabilitación
Stonemasons
Rehabilitation