Análise de consumo enerxético mediante tecnoloxías IoT
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/28485Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Análise de consumo enerxético mediante tecnoloxías IoTAutor(es)
Directores
Calvo-Rolle, José LuisZayas-Gato, Francisco
Leitão, Paulo
Fecha
2020Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Escola Universitaria PolitécnicaDescripción
Traballo fin de mestrado (UDC.EUP). Eficiencia e aproveitamento enerxético. Curso 2019/2020Resumen
[Resumo] A importancia da eficiencia enerxética e da sustentabilidade dos recursos na sociedade actual non é discutible. O consumo responsable dos recursos enerxéticos condiciona a economía, o desenvolvemento tecnolóxico e a cuestión medioambiental a nivel global. Cun enfoque máis concreto, falando de espazos de traballo e residencia, o confort dos individuos vese afectado polas condicións ambientais nas que se atopan, que están directamente relacionadas co uso dos elementos de iluminación e climatización, entre outros. É dicir, elementos que fan uso da enerxía eléctrica. Establecer unhas condicións de confort no ambiente, á vez que se reducen os gastos innecesarios de enerxía, son dous dos obxectivos do movemento smart building e dos “ambientes intelixentes”. Estas correntes tecnolóxicas pretenden mellorar a estancia dos individuos e favorecer o desenvolvemento das actividades que en eles se levan a cabo, facendo un uso responsable dos recursos segundo as necesidades e preferencias dos usuarios. Esta tese recolle estos obxectivos mediante a realización dunha solución de smart lab de baixo custo no Laboratorio de Investigación e Innovación (L2I) do CeDRI (Research Centre in Digitalization and Intelligent Robotics) do Instituto Politécnico de Bragança. Búscase mellorar as condicións de traballo e, simultaneamente, fomentar o uso ético e sustentable dos recursos enerxéticos dos que se dispón neste lugar (iluminación, sistemas de aire acondicionado e quencemento, por exemplo). Desenvólvese un sistema de monitorización e control no laboratorio baseado en tecnoloxías IoT (Internet of Things.) low cost. Unha rede de sete módulos formados por sensores é deseñada e distribuida no espazo, co obxectivo de captar información relativa ás condicións ambientais e ao estado do entorno. Esta información é almacenada nunha base de datos de InfluxDB e utilizada polo framework Grafana para a visualización gráfica da mesma e a toma de decisións relativas á eficiencia enerxética. O sistema deseñado é utilizado para a xestión dos recursos de iluminación, ventilación, calefacción e aire acondicionado do laboratorio mediante un sistema de alertas e avisos aos usuarios. Estas alertas establecen indicacións aos individuos de posibles medidas a tomar para para realizar un uso máis eficiente da enerxía, evitar desperdicios innecesarios e incrementar o confort.
Palabras clave
Smart building
Smart devices
Internet of Things
Eficiencia energética
Sostenibilidad
Aprovechamiento energético
Ambiente inteligente
Sensorización
Monitorización
Smart devices
Internet of Things
Eficiencia energética
Sostenibilidad
Aprovechamiento energético
Ambiente inteligente
Sensorización
Monitorización
Descripción
Traballo fin de mestrado (UDC.EUP). Eficiencia e aproveitamento enerxético. Curso
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido