Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22742
Excepto si se señala otra cosa, la licencia del ítem se describe como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética MolecularFecha
2018Cita bibliográfica
Vila Sanjurjo, Antón; Martínez Martínez, Luisa; Insua Pombo, Ana (2018) Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 425-426). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780
Resumen
[Resumo] A aprendizaxe baseada en problemas (ABP) trátase dunha metodoloxía na que os alumnos,
guiados polo profesor, deben resolver un problema. No proceso, os alumnos constrúen e
aplican coñecementos en lugar de ser meros receptores. Neste traballo, propoñemos aplicar
ABP na materia Xenética Molecular do Grao en Bioloxía e do Programa de Simultaneidade do
Grao en Bioloxía e o Grao en Química, impartidos na Facultade de Ciencias da UDC. O
obxectivo é espertar un maior interese pola Bioinformática, unha parte da materia considerada
a miúdo ardua e tediosa. Tamén pretendemos incrementar a orientación da materia cara á
práctica profesional. A actividade que se propón consta de tarefas prácticas estruturadas,
idénticas ás que se realizan nun laboratorio típico de Xenética Molecular. Así, o problema a
resolver enfronta aos alumnos a unha situación real que implica non só aplicar coñecementos
senón tamén tomar decisións. Para resolver o problema, os alumnos recibirán unha
explicación previa do profesor e disporán de orientación mediante titorías e un foro en Moodle.
A actividade desenvolverase en grupos de 4-5 alumnos. A aprendizaxe avaliarase en base á
exposición oral apoiada nunha presentación Power Point que realice un membro do grupo
elixido polo profesor e aos comentarios críticos que realicen os demais membros do grupo.
Para organizar as titorías de avaliación, usarase a ferramenta Doodle. A actividade de ABP que
se presenta contribuirá a desenvolver competencias recollidas na guía docente da materia e
debería axudar aos alumnos a ver a relevancia do traballo realizado en Xenética Molecular
Palabras clave
Aprendizaxe baseada en problemas
Xenética molecular
Xenética molecular
Derechos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España