Análise dunha experiencia APS na Facultade de Ciencias
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22738
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Análise dunha experiencia APS na Facultade de CienciasData
2018Cita bibliográfica
Pimentel Pereira, Manuel; Sahuquillo Balbuena, Elvira (2018). Análise dunha experiencia APS na Facultade de Ciencias. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 415-417). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780
Resumo
[Resumo] Para provocar un cambio no xeito que ten o alumnado de aproximarse aos contidos
da materia Fanerogamia, troncal do 3º do Grao en Bioloxía, considerada excesivamente teórica
e de pouco interese na sociedade actual, planteouse no curso 2016-2017 aplicar a
metodoloxía APS (Bringle & Hatcher, 1996; Astin et al. 2000). A proposta consistiu en
contactar con dúas ONG ambientalistas as cales plantexaron unha serie de proxectos que
foron consensuados cos profesores da materia. Así mesmo, explicouse ós alumnos a
posibilidade de participar nesta metodoloxía e pedíronse voluntarios. Esta actividade sería
paralela a outros traballos de investigación teórica que realizan o resto dos estudantes mais
coa mesma carga de créditos e peso na cualificación final. Os estudantes escolleron o
proxecto no que desexaban traballar e realizárono en grupos. Representantes das ONG
explicaron a cada grupo de alumnos o seu proxecto, para que os estudantes percibisen a
problemática social que había detrás do traballo que se lles pedía, a importancia de aplicar os
coñecementos adquiridos con rigor e a responsabilidade que asumían á hora de desenvolver o
proxecto. Por outra banda, os estudantes terían que organizar o traballo en grupo e, finalmente,
presentar os resultados aos membros das ONG.
Para avaliar o proxecto APS deseñáronse enquisas como un cuestionario con escala tipo
Likert e unha rúbrica para os profesores (Campo 2015). Como resultado, é salientable a gran
aceptación e a melloría na percepción da materia por parte dos estudantes, aumentando a súa comprensión e interese polos contidos. Entre os problemas o volume de traballo e a
organización temporal. Por parte das ONG perciben a necesidade de implicarse máis no
desenvolvemento dos traballos e clarificar mellor o proceso de avaliación. No profesorado, os problemas xurdiron pola escasa flexibilidade das guías docentes e o volume de traballo xerado
Palabras chave
Aprendizaxe-servizo
Innovación
Competencias
Proxectos
Innovación
Competencias
Proxectos
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España