A transmisión do patrimonio arqueolóxico a través da Interpretación: estudo de caso sobre o Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota (A Coruña, Galicia)
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22161
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A transmisión do patrimonio arqueolóxico a través da Interpretación: estudo de caso sobre o Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota (A Coruña, Galicia)Título(s) alternativo(s)
The transmission of Archaeological Heritage through Interpretation: a case study focusing on the Open Archaeological Museum of Carnota (A Coruña, Galicia)Data
2014Cita bibliográfica
Ambientalmente Sustentable, 2014, 18: 23-47. ISSN: 1887-2417
Resumo
[Resumo] O propósito deste artigo é presentar a importancia da Interpretación como medio de difusión do patrimonio, neste caso, patrimonio arqueolóxico con uso turístico. Para iso, escolleuse o Museo Aberto de Carnota (A Coruña, Galicia) debido ao crecente interese suscitado nos últimos anos, feito que se manifesta tras a súa posta en valor (escavación, mellora da accesibilidade, sinalización...). Non obstante, este uso crecente, tanto por parte da poboación local como de turistas espontáneos, pon en situación de vulnerabilidade e risco de conservación aos recursos que conforman o Museo Aberto xa que non existe un correcto planeamento da súa xestión. Por tanto, debido a que a posta en valor foi proposta dende un uso de lecer espontáneo e non dende a perspectiva do uso turístico, cómpre desenvolver un plan de intervención no recurso. Neste contexto, a metodoloxía empregada baseouse nas técnicas cualitativas: observación participante e entrevistas en profundidade, que permitiron realizar unha avaliación da súa situación actual. Finalmente preséntanse as conclusións á vez que se mostra unha proposta pre-interpretativa que podería servir como base para un futuro plan de intervención [Abstract] The aim of this paper is to present the importance of Heritage Interpretation for heritage promotion, and specifically, archaeological heritage with a tourist purpose. This Museum was chosen due to its increasing interest over the last years, in terms of valuing cultural heritage (excavations, improvement of accessibility, signalling...). Nevertheless, the Open Museum resources are in a risk of vulnerability and bad conservation if we consider the increment of visitors, both local population and tourists, because of the lack of a good management planning. It should therefore be developed a behaviour intervention plan in the resource, as it was valued for a spontaneous leisure use and not from a tourist perspective. In this context, the study used qualitative techniques, such as participant observation and in-depth interview, to evaluate the present situation. Finally, some conclusions are presented as well as a pre-interpretive proposal that could constitute a future planning basis
Palabras chave
Patrimonio arqueolóxico
Turismo cultural
Arqueoturismo
Interpretación do patrimonio
Archaeological heritage
Cultural tourism
Archaeological tourism
Heritage interpretation
Turismo cultural
Arqueoturismo
Interpretación do patrimonio
Archaeological heritage
Cultural tourism
Archaeological tourism
Heritage interpretation
Dereitos
Atribución-CompartirIgual 3.0 España
ISSN
1887-2417