O factor xeopolítico nas Relacións Internacionais: o caso marroquí
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/16697Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
O factor xeopolítico nas Relacións Internacionais: o caso marroquíAutor(es)
Director(es)
Brandariz García, José ÁngelData
2012Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de SocioloxíaDescrición
Traballo fin de mestrado (UDC.SOC). Migracións internacionais: investigación, políticas migratorias e mediación intercultural. Curso 2011/2012Resumo
O proceso de globalización acelerou as diferenzas entre os países chamados do Norte e do Sur. Dentro dun novo marco macroeconómico, os Estados desfavorecidos víronse obrigados a tirar o máximo partido dos seus recursos, tamén demográficos. Este é o caso de Marrocos, o Reino norteafricano, cun mercado interior de traballo excesivamente precarizado, dedicado case exclusivamente ao agro, ao pequeno comercio e á recente aceleración da industria turística.
En comparación con outros países de semellantes características do seu mesmo continente, Marrocos é un país en emerxencia, cun PIB en aumento progresivo, en parte tamén grazas ao uso que fai da migración como factor de negociación e ingreso financeiro. A habitual recepción de remesas, estimuladas polo goberno, nos países emisores de migración, compleméntase en Marrocos co uso das leis de control migratorio como medida de presión, a través da cal negociar e favorecer os investimentos estranxeiras.
O obxectivo deste estudo, polo tanto, é esclarecer o interese das autoridades marroquís en que o fenómeno migratorio non recúe polos réditos que tiran del.
Palabras chave
Emigración
Relacións internacionais
Xeopolítica
Marrocos
Relacións internacionais
Xeopolítica
Marrocos
Dereitos
Atribución 3.0 España