Técnica, tipoloxía e análise da carpintería de armar nas estruturas de madeira das edificacións históricas en Galicia dende a Idade Media a partir dunha análise da evolución dos elementos estruturais e dos motivos técnicos

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/16170Coleccións
- Teses de doutoramento [2227]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Técnica, tipoloxía e análise da carpintería de armar nas estruturas de madeira das edificacións históricas en Galicia dende a Idade Media a partir dunha análise da evolución dos elementos estruturais e dos motivos técnicosAutor(es)
Director(es)
Pérez Valcárcel, Juan BautistaData
2015Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Departamento de Tecnoloxía da ConstrucciónResumo
[Resumo]A carpintería de armar galega, dende sempre rica e abundante, actualmente atópase
nun estado de abandono e esquecemento problemático. Durante moito tempo as
estruturas de madeira en Galicia foron relegadas a un segundo plano, sendo
escasamente valoradas en comparación coa construción en fábrica. Asemade, moitos
técnicos, tanto arquitectos coma enxeneiros, mostran unha preocupante falta de
conecementos no tocante á carpintería de armar tradicional ó se enfrontar a obras de
rehabilitación e reforma.
A presente tese procura paliar en certo modo esta situación existente, aportando os
conecementos necesarios para poder valorar e intervir nas estruturas de madeira
Upicas da carpinterla de armar, asl coma recollendo algúns dos exemplos máis
caracterlsticos e sobresalntes do territorio galego, mostrando con elo a gran riqueza e
importancia que posúen tales estruturas.
Centrarase o estudio nos forxados horizontais e nas cubertas de pares, que suponen a
maior parte das estruturas históricas galegas. Alnda así, o estudio tampouco
esquecerá o estudo doutras tipoloxlas interesantes, coma poden ser as tesoiras e as
cúpulas de madeira. O custe, a facilidade de mecanización e prefabricación, a
versatilidade e a capacidade estrutural da madeira (único material capaz de soportar
flexións e traccións ata o século XIX) fixo que a madeira fose un material dificil mente
substituible na arquitectura galega, polo que merece un trato adecuado.
A tese céntrase nos aspectos construtivos e estruturais da carpinterla de armar
galega, non sen esquecer outras caracterlsticas que influiron na súa concepción final,
tales coma a incorporación da decoración de lacerla na estrutura ou o contexto socioeconómico
no que se orixinaron.
O traballo basicamente atenderá a tres obxectivos concretos: -Conecer e sintetizar as técnicas e ferramentas históricas utilizadas polos
carpinteiros de armar en Galicia. Neste senso atenderase tanto ás técnicas adoptadas para o deseño das armaduras e a súa execución, coma ós
procedementos para a súa protección e rehabilitación histórica.
-Analizar construtiva e estruturalmente as diferentes tipoloxias da carpinteria de
armar histórica galega: sistemas alintelados (forxados inclinados e alfarxes
horizontais), estruturas de pares (parhilera e par e ponte), estruturas
trianguladas (tesoiras e coitelos) e bóvedas de madeira.
-Analizar e estudar as armaduras máis sobresaintes no territorio galego, que
merecen ser conservadas e valoradas na súa xusta medida.
Aparte de analizar as estruturas orixinais que ainda se conservan no territorio galego,
para elaborar a presente tese tamén se acudiu ás fontes orixinais: documentos da
obra (contratos e condicións, preferentemente) e trazas ou planos conservados.
Palabras chave
Construcciones de madera-Conservación y restauración-Galicia
Carpinteria-Galicia-Historia
Madera-Materiales de construcción
Madera, Trabajo de la(Arquitectura)-Galicia
Carpinteria-Galicia-Historia
Madera-Materiales de construcción
Madera, Trabajo de la(Arquitectura)-Galicia
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido