Procesos de exclusión no emprego e estratexias laborais na crise: o caso do sector doméstico e de coidados
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/15489Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Procesos de exclusión no emprego e estratexias laborais na crise: o caso do sector doméstico e de coidadosTítulo(s) alternativo(s)
Exclusion Processes an Labour Strategies in the Spanish Crisis: The Case of Care WorkersAutor(es)
Data
2013Cita bibliográfica
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, 2013,4:327-343.ISSN: 2173-9811
Resumo
[Resumo] Aínda que a crise en España parece estar tendo un impacto xeneralizado en materia laboral e económica, a intensidade da súa afección non responde a patróns democráticos. Neste aspecto, diversos factores contribúen a recibir un impacto máis forte. Entre eles, a idade, o sexo, a orixe étnica e a natureza do sector foron determinantes á hora de protagonizar itinerarios de descenso en materia laboral, polo que as mulleres de orixe estranxeira empregadas no sector doméstico e de coidados se atopan nunha realidade especialmente vulnerable. O obxectivo principal deste traballo é achegármonos ao impacto que a crise tivo neste colectivo, co fin de analizar as implicacións que o escenario económico, político e social tivo no día a día destas traballadoras e identificar os esforzos desenvolvidos para contrarrestar as dificultades. Para iso, procúrase comprender o cotián destas traballadoras a través dos seus propios discursos, unha análise a partir da técnica cualitativa dos relatos de vida que permite identificar as implicacións económicas e os efectos das mudanzas lexislativas neste sector e nas condicións de vida das súas traballadoras. [Abstract] Even though the crisis in Spain is having a generalized impact on the employment and the household economy, the intensity of this impact does not respond to democratic standards. In this regard, several factors contribute to receive a stronger impact. Among these, age, sex, ethnic origin and the nature of the sector have been decisive to develop exclusion itineraries, so that domestic and care migrant women workers are especially vulnerable. The main objective of this study is to approach the impact of the crisis in these employees, in order to analyze the implications of the economic, political and social development on their daily lives and identify the efforts to face up to the difficulties. To do so, we are going to understand the daily lives of these workers through their own speeches, that is, an analysis from the qualitative technique of life stories that identifies the economic implications and effects of the legislative changes in this sector and in the living conditions of their workers.
Palabras chave
Crise
Emprego doméstico
Coidados
Estratexias
Mulleres migrantes
Crisis
Precariousness
Strategies
Migrant domestic and care workers
Spain
Emprego doméstico
Coidados
Estratexias
Mulleres migrantes
Crisis
Precariousness
Strategies
Migrant domestic and care workers
Spain
ISSN
2173-9811