Efectividade da fisioterapia no tratamento da epicondilalxia lateral: unha revisión sistemática
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/15144Coleccións
- Fisioterapia, Grao en [410]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Efectividade da fisioterapia no tratamento da epicondilalxia lateral: unha revisión sistemáticaTítulo(s) alternativo(s)
Efectividad de la fisioterapia en el tratamiento de la epicondilalgia lateral: una revisión sistemáticaEffectiveness of physical therapy in the treatment of lateral epincondyalgia: a systematic review
Autor(es)
Director(es)
Bello Rodríguez, OlallaData
2015Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Escola Universitaria de FisioterapiaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FCS). Fisioterapia. Curso 2014/2015.Resumo
[Resumo] INTRODUCIÓN: A epicondilalxia lateral é unha patoloxía común en traballadores manuais e deportistas que realizan normalmente actividades repetitivas utilizando o membro superior. Nos últimos anos publicáronse numerosos ensaios clínicos que estudan os resultados de diferentes modalidades terapéuticas. Sen embargo, aínda queda por determinar cal é a modalidade de tratamento fisioterapéutico máis efectiva.
OBXECTIVO: Coñecer a evidencia científica disponible sobre o tratamento fisioterapéutico da epicondilalxia lateral. Tamén pretendemos coñecer se o tratamento fisioterapéutico é máis efectivo que as inxeccións de corticoides, así como a modalidade de tratamento fisioterapéutico que presenta maior efectividade, a duración necesaria dun tratamento fisioterapéutico, e o tempo que se mantén unha determinada mellora despois deste programa.
MATERIAL E MÉTODOS: a busca de información realizouse nas bases de datos de ciencias da saúde PubMed, PEDro, e Scopus. Entre os meses de marzo e maio de 2015. A calidade metodolóxica dos estudos incluídos foi medida coa escala PEDro.
RESULTADOS: na busca realizada nas bases de datos citadas anteriormente, atopáronse 22 ensaios clínicos que cumprisen os criterios de inclusión, que presentan unha puntuación media na escala PEDro de 6,1/10 puntos. En 16 deles, atopáronse resultados favorables para o grupo que recibiu tratamento fisioterapéutico con respecto a un grupo que recibiu outro tipo de tratamento ou un grupo control. En 6 deles non se atoparon resultados favorables para os suxeitos que recibiron tratamento fisioterapéutico. Atopáronse múltiples estudos que respalden a utilización de exercicios excéntricos, pero para outro tipo de intervencións soamente se atopou un estudo que as respalde.
CONCLUSIÓNS: Atopouse evidencia forte para o tratamento fisioterapéutico desta patoloxía. Non se atopou evidencia para unha maior efectividade da fisioterapia en comparación coas inxeccións ou viceversa. A modalidade de intervención fisioterapéutica que presentou unha efectividade maior foron os exercicios excéntricos. Sen embargo, non se puido determinar unha duración óptima dun programa que utilice este tipo de intervención. Os beneficios dun programa de fisioterapia poderían manterse polo menos 8 semanas.
Palabras chave
Tennis elbow
Lateral epincondylalgia
Lateral epicondylitis
Physical therapy
Exercise
Lateral epincondylalgia
Lateral epicondylitis
Physical therapy
Exercise
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido