Estudo etnográfico dos músicos dunha banda de música no marco da participación comunitaria

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/12515Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Estudo etnográfico dos músicos dunha banda de música no marco da participación comunitariaAutor(es)
Director(es)
García Gonzalo, NuriaMovilla Fernández, María Jesús
Data
2014Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da SaúdeDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FCS). Terapia ocupacional. Curso 2013/2014Resumo
Obxectivo: describir como vivencian os músicos dunha banda de música popular a participación neste tipo de agrupación, observando como inflúe esta na promoción da saúde.
Ademais, este estudo pretende coñecer os significados outorgados a ocupación de tocar nunha banda de música popular, a relación desta participación co sentimento de apego ao lugar e a influenza que ten na transmisión de capital social e cultural.
Metodoloxía: investigación cualitativa realizada dende unha perspectiva teórica etnográfica, nunha banda de música popular da provincia de Pontevedra. A recollida de información foi realizada a través da observación participante e a técnica das historias de vida. Os informantes foron músicos da banda de música estudada.
Resultados: tras a análise da información obtida, emerxen categorías e códigos de significado que explican o fenómeno: “estruturación do grupo”, “actividades desenroladas polo grupo”, “significados da participación nunha banda de música” e adquisición de capital social e cultural”
Conclusións: A participación nunha banda de música como ocupación valorada pola comunidade na que se encadra e que forma parte dos recursos cos que a propia comunidade conta, favorece a creación de ambientes favorables promovendo o sentimento de benestar das persoas que participan en tal ocupación, producindo ademais unha adquisición de capital social e cultural fortemente influenciado pola produción de relacións interxeracionais e que inflúe na formación da propia identidade e no rol dentro da comunidade.
Palabras chave
Banda de música popular
Ocupación
Promoción da saúde
Capital social
Capital cultural
Comunidade
Ocupación
Promoción da saúde
Capital social
Capital cultural
Comunidade
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido