Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/11971Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actualTítulo(s) alternativo(s)
Gender and disability,a double invisibility. Current situationAutor(es)
Fecha
2011Cita bibliográfica
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, 2011, 2: 313-331. ISSN: 2173-9811
Resumen
[Resumo]O xénero e a discapacidade veñen interactuar de tal maneira que provocan a aparición de barreiras dificilmente franqueables. As mulleres discapacitadas atópanse nunha situación de desvantaxe a respecto dos homes e as persoas sen discapacidade. O sexo e a discapacidade preséntanse como elementos de desigualdade e discriminación social. Faise preciso, pois, derrubar os conceptos desfasados arredor destas difíciles situacións, e establecer políticas transversais acompañadas de medidas integradoras, que non sexan sobreprotectoras, para o cal se ha de traballar na información e formación das propias mulleres e as súas familias. De entre todas as barreiras –físicas, arquitectónicas, de comunicación...– son quizais as actitudinais as que máis directamente afectan ás mulleres discapacitadas, o que leva consigo unha maior invisibilidade e sobreprotección. Porén, a discapacidade non debe ser asumida desde a vulnerabilidade, senón desde a necesidade de formular unha nova orde a través da posibilidade de participar de forma activa na toma decisións. No noso estudo tratamos de abordar a situación e o seu tratamento nas actuais políticas europea e española de loita contra a discriminación social, cunha especial énfase nos problemas que comporta a incorporación da muller discapacitada ao mercado laboral, en que a precariedade debe ser eliminada progresivamente cunha adecuación específica dos diversos programas de capacitación con medidas de acompañamento. Na Comunidade Autónoma galega están a levarse a cabo, ao abeiro da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes unha serie de incentivos á contratación de traballadoras con discapacidade, así como de fomento da promoción do emprego autónomo de persoas con discapacidade, o que significa un intento claro por parte da Administración de promover a plena integración deste colectivo. Desde o Observatorio Estatal da Discapacidade (OED) trátanse mensualmente os datos publicados polo Servizo Público de Emprego Estatal sobre novos contratos realizados a persoas con discapacidade en España. Desta análise pode extraerse que ao finalizar o segundo cuadrimestre de 2011, o acumulado de contratacións a persoas con discapacidade é de 42 178 contratos, fronte aos 39471 que se realizaron nese mesmo período do 2010. Estes datos rexistrados supoñen un 6,9% de incremento en relación cos datos de contratación deste colectivo ao finalizar o segundo cuadrimestre do ano 2010. [Abstract] Gender and disability come to interact in such a way that they create extremely difficult barriers to pass. Disabled women are in a situation of disadvantage regarding men and people without any disability. Gender and handicap appear as elements of inequality and social discrimination.It becomes necessary thus, to knock the old-fashioned concepts down concerning these difficult situations, establishing transverse policies accompanied by integration and not overprotectiv measures, for which we have to work in the information and formation for these women and their families. From all the barriers –physical, architectural, of communication…– the attitudinal are probably the ones that affect the disabled women more directly, which carries a major invisibility and overprotection. Disability must not be taken up from the vulnerability but from the need to raise a new order through the possibility of informing of active ways in decision making.In our study we try to approach the European and Spanish situation and the current treatment of the current policies in the fight against social discrimination, with a special emphasis in the problems that arise in the incorporation of disabled women to the job market in which the precariousness has to be eliminated progressively with a specific adequacy of the diverse training programs with accompaniment measures. In the Autonomous Galician Community a series of incentives are being carried out, under the protection of the law of July 16, 2004 (Galician Law for the equality of men and women), to the contracts of workers with disability, as well as boosting the promotion of self-employmentwork for people with disability, which portrays a clear attempt of the Administration for promoting full integration of this group. The State Observatory of Disability (OED) monthly treats the information published by the Public Service of State Employment on new contracts made to people with any disability in Spain. From this analysis can be deduced that at the end of the second four-month period of2011, the accumulated number of contracts made to people with disability is 42178, in comparison to the 39471 that were made in the same period of 2010. This registered information means a 6,9 % of increase in relation to the contract information of this group at the end of these cond four-month period of the year 2010.
Palabras clave
Discapacidade
Discriminación
Igualdade
Dereito
Muller
Disability
Discrimination
Equality
Right
Women
Discriminación
Igualdade
Dereito
Muller
Disability
Discrimination
Equality
Right
Women
ISSN
2173-9811