Programación anual para o 2º ciclo da educación infantil "Un ano de sensacións"
Title
Programación anual para o 2º ciclo da educación infantil "Un ano de sensacións"Author(s)
Directors
Méndez García, RosaDate
2013Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña.Facultade de Ciencias da EducaciónDescription
Traballo fin de grao (UDC.EDU). Infantil. Curso 2012/13Abstract
Este traballo responde ao obxectivo xeral de deseñar un proxecto anual dirixido ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil, concretamente aos nenos e nenas de 3 a 4 anos.
O seu contido organízase en tres grandes partes nas que se vai articulando unha proposta didáctica flexible, contextualizada e innovadora:
Na primeira, realízase unha xustificación teórica da proposta didáctica dende a perspectiva psicolóxica, a perspectiva pedagóxica, a perspectiva epistemolóxica e a perspectiva sociolóxica. Na segunda, defínese a proposta a través dos obxectivos e contidos seleccionados, do grao de contribución á consecución das competencias básicas, da proposta de experiencias e pequenos proxectos que parten da manipulación e experimentación de diversos materiais sensoriais coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado e, por último, da proposta de avaliación na que se contemplan todos os implicados no proceso de ensino-aprendizaxe. Na última parte recóllense as valoracións e conclusións que xorden a partir do deseño realizado e a aplicabilidade deste.
Keywords
Educación infantil
Proposta didáctica
Sensacións
Experimentación
Arte
Proposta didáctica
Sensacións
Experimentación
Arte
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido