Avaliación, programación terapéutica e rehabilitación logopédica nun caso clínico de afasia global.
Title
Avaliación, programación terapéutica e rehabilitación logopédica nun caso clínico de afasia global.Alternative Title(s)
Evaluación, programación terapéutica y rehabilitación logopédica en un caso clínico de afasia global.Evaluation, therapeutic programmation and rehabilitation speech in a clinical case of global aphasia.
Author(s)
Directors
Vilariño Vilariño, Mª IsabelDate
2013Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña.Facultade de Ciencias da EducaciónDescription
Traballo fin de grao (UDC.EDU). Logopedia. Curso 2012/13Abstract
[Resume] A afasia é un trastorno da linguaxe adquirido secundario a unha lesión cerebral que afecta ás áreas cerebrais responsables da elaboración e/ou comprensión da linguaxe, tanto a nivel oral como escrito. Ditas alteracións son producidas con maior frecuencia no hemisferio esquerdo, que é a área na que predomina a linguaxe na maioría das persoas. A dominancia cerebral deste hemisferio maniféstase nunha frecuencia do 95 % nas persoas destras, e nun 70 % nas persoas zurdas. O tipo de afasia exposto é unha afasia global adquirida como consecuencia de haber sufrido dous ictus de orixe isquémicos, o primeiro o día 6 de maio do 2012 e o segundo o 26 de xullo dese mesmo ano. Este tipo de afasia presenta unha ampla cantidade de síntomas polo que, moitos pacientes se atopan sen un diagnóstico claro. O obxectivo deste proxecto é describir o proceso realizado de avaliación, de programación de obxectivos e de intervención logopédica. Para levar a cabo esta avaliación utilizáronse diversas probas e, unha vez analizados os resultados obtidos, programáronse uns obxectivos primordiais acorde cos criterios de preferencia. Rematado o período de intervención, o paciente foi avaliado de novo para poder comparalos resultados obtidos nas probas iniciais e finais. Desta forma pódese valorala efectividade do programa de rehabilitación, así como facer contemplacións sobre posibles cambios, adaptándoo aos logos conseguidos. [Abstract] Aphasia is a secondary language disorder acquired because of a brain injury that affects areas of the brain responsible of the language development and / or understanding, both of them spoken and written. These alterations happen most frequently in the left hemisphere, which is the hemisphere where the language predominates in the majority of the population. The cerebral dominance of this hemisphere reveals itself with a frequency of 95% in right-handed people, and by 70% in persons left-handed. The exposed type of aphasia is a mixed aphasia acquired as a result of having suffered two ischemic origin strokes, the first one on May 6, 2012 and the second one on July 26 of the 3 same year. This type of aphasia has a lot of symptoms, so many patients find themselves without a clear diagnosis. This project’s objective is to describe the performed process of evaluation, objectives programmation and speech therapy intervention. To carry out this evaluation different tests, after analyzing the results, a few priority objectives were planned in accordance to the criteria of choice. After the intervention timespan, the patient will be evaluated again to compare the obtained results with the initial tests. This way the efficiency of the rehabilitation program can be assessed, as well as evaluating possible changes, adapting it to the previous achievements.
Keywords
Afasia mixta
Avaliación
Intervención
Mixed aphasia
Assessment
Intervention
Avaliación
Intervención
Mixed aphasia
Assessment
Intervention
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido