Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña

Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/2183/1886

O Anuario da Facultade de Dereito é a revista científica deste centro da UDC: ten vocación interdisciplinaria e procura recoller as achegas doutrinais dos investigadores nacionais e estranxeiros que desexen poñer de manifesto o resultado das súas investigacións á comunidade científica na esfera xurídica.
Ten periodicidade anual e conta con cinco seccións principais: unha primeira adicada a artigos doutrinais; unha segunda de comentarios de xurisprudencia; unha terceira de recensións; unha cuarta de miscelánea; e unha quinta de innovación docente.
No repositorio están recollidos os números publicados entre os anos 1997 e 2023 (Vol.1-27). Os números posteriores poderán verse na páxina oficial da revista

Páxina oficial da revista

Browse