Inmigración e violencia de xénero
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/15835Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Inmigración e violencia de xéneroAutor(es)
Data
2014Cita bibliográfica
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 141-1147. ISBN: 978-84-9749-599-8
Resumo
[RESUMO] Este artigo aborda a violencia de xénero que sofren as mulleres inmigrantes en España. Tenta explicar cáles son os principais factores que provocan que estas mulleres sexan máis vulnerables á violencia de xénero que outras que non viviron procesos migratorios. Isto é, pretende dar resposta ao por qué a inmigración constitúe un agravante engadido á violencia machista. Comézase cun apartado destinado a clarificar algunhas cuestións en relación ás investigacións sobre as migracións das mulleres e a súa análise a partir da categoría de xénero: é unha introdución necesaria para comprender a “invisibilidade” do fenómeno da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes. Continúase coa cuestión central deste traballo: as cifras sobre violencia de xénero en mulleres inmigrantes que residen en España. As Fontes sobre violencia de xénero e o tratamento da presentación dos datos estatísticos mostran cómo se ten ocultado ou sesgado o impacto da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes. Pero as cifras son soamente unha introdución para afondar nos factores que agravan a violencia de xénero entre este colectivo. Estes son analizados poñendo o acento, en primeiro lugar, nos condicionantes que o xénero provoca nas persoas cando migran, isto é analizando cómo as mulleres vivencian os procesos migratorios de forma diferenciada a dos inmigrantes varóns. En segundo lugar, profúndase nas características que posúen e nas situacións que viven as mulleres inmigrantes para comprender mellor os factores que as converten en persoas mais vulnerables á violencia de xénero que outras mulleres que non experimentaron unha migración. O artigo finaliza cunha reflexión persoal sobre a idoneidade e eficacia da lexislación española, dos sistemas de protección e da intervención social coas mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero.
Palabras chave
Inmigración feminina
Invisibilización
Violencia de xénero
Factores de vulnerabilidade
Intervención social
Invisibilización
Violencia de xénero
Factores de vulnerabilidade
Intervención social
ISBN
978-84-9749-599-8